lunes, 21 de noviembre de 2016

Artes escénicas no concello de Coristanco

       O día 2 de novembro fomos ver a obra de teatro "O día que chegou unha nube e choveu" de Trompicallo Teatro. Había unha vez que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa auga naceron os peixes e as ras...Pero...que acontece cando un día a auga desaparece?








       O día 9 de novembro fomos ver a obra de monicreces "Tita" de Teatro Babaluva. Tita e nós precisamos saber como xestionar o medo, a tristura ou a ira para que, pouco a pouco, gocemos de harmonía emocional.




     

Magosto e Samaín

         O xoves 27 de outubro celebramos o Samaín na Escola de Valenza, viñemos todos disfrazados de seres mostruosos e tivemos moitas sorpresas na nosa máxica escola. Coñecemos á Bruxa Regañadentes e fixemos unha momia.



       O 28 de outubro celeramos o Magosto e Samaín.
       Fixemos xogos todos xuntos para coñercernos mellor todos os nenos e nenas do CRA e fixemos novos amigos e amigas.

       Fixemos xogos do magosto, un obradoiro de disfraces e comemos as castañas. O pasamos moi ben!

Este foi o resultado:






      

viernes, 18 de noviembre de 2016

Día das bibliotecas.

         O luns 24 de novembro, celebramos o día das Bibliotecas  e todas as escolas do CRA Novo Mencer fomos a visitar a Biblioteca de Coristanco para coñecer o seu funcionamento e facer o carné da biblioteca.
         Recibiunos Maruxa Poppins que nos ensinou uns contos moi fermosos e nos axudou a pensar nunhas palabras que escribimos ou debuxamos para poñer no camiño que nos conduce á Biblioteca.



lunes, 14 de noviembre de 2016

O peixe Arcoiris

           O conto do peixe Arcoiris nos axuda a coñecer o mais profundo do océano.         
           É un peixe moi fermoso que ten unhas escamas moi brillantes que non quere compartir co resto dos peixes, pero falando coa estrela de mar e co polbo comprende a importancia de ter amigos cos que xogar para poder ser feliz e decide compartir as súas escamas cos seus amigos, agora todos serán uns fermosos peixes.
         
 Preparamos o noso arrecife de coral.

 Velaí os nosos peixes Arcoiris. Fixemos as súas escamas empregando diferentes texturas e cores.
 O noso mar precisa de novos amigos. Empregamos os nosos dedos para pintar estreliñas de mar.

Comezamos a traballar as letras...pescando no mar










Fixemos o noso propio acuario de animais mariños.


Pescamos no mar as letras que forman o noso nome.