O luns 24 de novembro, celebramos o día das Bibliotecas e todas as escolas do CRA Novo Mencer fomos a visitar a Biblioteca de Coristanco para coñecer o seu funcionamento e facer o carné da biblioteca.
Recibiunos Maruxa Poppins que nos ensinou uns contos moi fermosos e nos axudou a pensar nunhas palabras que escribimos ou debuxamos para poñer no camiño que nos conduce á Biblioteca.
viernes, 18 de noviembre de 2016
lunes, 14 de noviembre de 2016
O peixe Arcoiris
O conto do peixe Arcoiris nos axuda a coñecer o mais profundo do océano.
É un peixe moi fermoso que ten unhas escamas moi brillantes que non quere compartir co resto dos peixes, pero falando coa estrela de mar e co polbo comprende a importancia de ter amigos cos que xogar para poder ser feliz e decide compartir as súas escamas cos seus amigos, agora todos serán uns fermosos peixes.
Preparamos o noso arrecife de coral.
Velaí os nosos peixes Arcoiris. Fixemos as súas escamas empregando diferentes texturas e cores.
O noso mar precisa de novos amigos. Empregamos os nosos dedos para pintar estreliñas de mar.

Traemos cousas da nosa casa relacionadas co mar.
Empezamos a traballar co proxecto "O MAR"
Os nenos e nenas da Escola de Valenza levamos xa un tempo traballando no noso mar e queremos ensinarvos as cousas tan interesantes que fixemos.
Temos a nosa mascota, o peixe Lila, que nos axuda a saber canto imos medrando...
Descubrimos que é o mar e os animais que viven nel gracias aos contos que temos na aula e outros que nos emprestou a biblioteca.
Temos a nosa mascota, o peixe Lila, que nos axuda a saber canto imos medrando...Descubrimos que é o mar e os animais que viven nel gracias aos contos que temos na aula e outros que nos emprestou a biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)