O día 2 de novembro fomos ver a obra de teatro "O día que chegou unha nube e choveu" de Trompicallo Teatro. Había unha vez que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa auga naceron os peixes e as ras...Pero...que acontece cando un día a auga desaparece?
O día 9 de novembro fomos ver a obra de monicreces "Tita" de Teatro Babaluva. Tita e nós precisamos saber como xestionar o medo, a tristura ou a ira para que, pouco a pouco, gocemos de harmonía emocional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario